Portada

Voces de Atlántica

GALAXIA
06 / 2005
9788482888125
Gallego
Literatura

Sinopsis

En Voces da Atlántica, a xornalista Carme Vidal e o crítico de arte David Barro conversan cos artistas Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Anxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez e Xosé Vivián, e fan unha lembranza dos tristemente desaparecidos Rafael Baixeras, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco. O 14 de agosto de 1980, na Casa da Cultura de Baiona, inaúgurase a primeira exposición de ATLANTICA, que tiña como obxectivo básico a "promoción e espallamento das últimas tendencias das artes plásticas". Un cuarto de século despois, ATLANTICA continúa a espertar o interese no ámbito da arte e da cultura, tanto polo que supuxo como fenómeno como pola traxectoria individual que despois desenvolveron boa parte dos participantes naquela mostra, hoxe nomes centrais da plástica galega. O libro pretende recuperar a memoria daqueles anos pero tamén a súa enerxía e a certeza do futuro. Velaí de novo reunidos, coa súa voz individual pero tamén co sentir de pertenceren a un dos episodios máis brillantes da historia da arte contemporánea galega, os artistas que fixeron nacer e existir ATLANTICA.

PVP
33,75