Portada

Que precisa un gato pequeno?

Shaloshvili, Natalia Traducción: Stepanova, Irina
KALANDRAKA
09 / 2025
9788413433806
Gallego
Demademora
ESPAÑA
INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
últimos 15 días

Sinopsis

Un álbum tenro e divertido protagonizado por un gato rebuldeiro con gana de aventura e afectos. Quen ten dous ollos pequenos, dúas orellas pequenas, unha boca chea de dentes pequenos e afiados, uns bigotes grandes, un corpo con manchiñas, catro patas con gadoupas e un rabo Un gato! E todos os gatos precisan correr, ir e volver, sentir a chuvia ou o vento, pasar medo, estar tristes (só un anaco), ter un teito onde acubillarse e, sobre todo, alguén grande ou pequeno que os queira. Un novo traballo de Natalia Shaloshvili cun protagonista tenro e rebuldeiro co que lectores e lectoras se identificarán inmediatamente. Unha proposta ideal para a lectura compartida que transmite a importancia do xogo, a autonomía e a experiencia emocional na infancia, sen esquecer os afectos e o contacto cos outros, algo que necesitamos todos, grandes e pequenos.

PVP
16,00