Portada

Xela Arias, quedas en nós

XERAIS
12 / 2004
9788497822428
Gallego

Sinopsis

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia. Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

PVP
18,45