Estas condicións de contratación regulan o proceso de pedidos no portal web www.arnoia.com, do que é responsable legal ARNOIA DISTRIBUCIÓN DE LIBROS, SA, en diante ARNOIA.COM. A adquisición de calquera dos produtos ofrecidos en www.arnoia.com implica a aceptación destas condicións legais de contratación, o aviso legal e a política de privacidade.
ARNOIA.COM informa o usuario de que o idioma elixido para formalizar este contrato electrónico é o castelán e que non está previsto o seu almacenamento por un terceiro de confianza, aínda que ARNOIA.COM si almacena un rexistro de todos os pedidos realizados polos seus clientes. Se o desexa, pode imprimir ou copiar esta pantalla para conservar estas condicións legais.
As condicións de contratación presentes, así como as condicións particulares cando as houber, son aplicables (agás pacto expreso en contra) a cada orde de pedido de produtos. Os pedidos efectuados rexeranse polas condicións particulares acordadas por ARNOIA.COM con cada cliente, así como por aquelas condicións específicas recollidas na orde de pedido.
En virtude da facultade establecida nos artigos 27.2 e 28.3 da Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, ambas as partes acordan eximirse das obrigas de información previa e posterior á compra establecidas nos artigos 27 e 28 da citada norma.
Pedidos
No noso portal web atopará todo o catálogo de produtos ofrecidos por ARNOIA.COM. Para realizar un pedido, deberase rexistrar como usuario e seguir o proceso establecido en cada momento por ARNOIA.COM.
Todos os pedidos realizados a través de www.arnoia.com se considerarán realizados en firme agás os relativos a depósitos ou novidades.
ARNOIA.COM resérvase o dereito a atrasar, suspender ou cancelar as ordes de pedido cando teña motivos fundados de fraude, existan cantidades pendentes de pagamento polo cliente ou non se atopen en stock.
O cliente deberá indicar enderezos e horarios aptos para a entrega dos pedidos. ARNOIA.COM non se responsabiliza de danos ou prexuízos relativos a enderezos falsos, erróneos ou incompletos ou á indispoñibilidade do persoal do cliente nos horarios de recollida indicados.
O prazo de entrega dependerá dos produtos e da provincia á que se efectúe o envío, e en calquera caso comeza a contar desde que ARNOIA.COM recibe o importe do pedido. Non obstante, non adquirirá responsabilidade ningunha por fallos no cumprimento desas datas, sempre e cando sexa por causas non imputables a ARNOIA.COM.
No caso de que por causas alleas a ARNOIA.COM non estivese dispoñible o produto solicitado no seu pedido, poderá optar por substituír o produto solicitado por outro do mesmo prezo e calidade ou cancelar o pedido e solicitar a devolución das cantidades aboadas.
No momento da entrega o cliente deberá comprobar o bo estado do pedido ante o transportista, e indicará no albará de entrega calquera anomalía que puidese detectar na embalaxe ou no seu contido. ARNOIA.COM non será responsable de atrasos ou danos imputables ás axencias ou empresas de transporte.
Ambas as partes acordan que para os supostos en que ARNOIA.COM sexa responsable de danos e perdas causados ao cliente por circunstancias que si lle resulten imputables a súa responsabilidade quedará limitada, como máximo, ao valor da mercadoría enviada, pactando expresamente ambas as partes a exclusión do lucro cesante de calquera tipo de reclamación e responsabilidade imputable a ARNOIA.COM.
Reclamacións e devolucións
Unha vez recibido o pedido, o cliente dispón de tres días para formular as reclamacións que considere oportunas sobre o pedido entregado. Finalizado o devandito prazo, non se atenderán reclamacións agás as relativas a defectos de impresión ou encadernación.
Dadas as especiais características do mercado do libro de texto, aceptarase unha devolución máxima dun 12%. Para os clientes que paguen ao contado, estará condicionada ao troco por outra mercadoría. Non se inclúe nesta porcentaxe o material complementario aos textos, xogos educativo-didácticos ou material audiovisual.
Todas as devolucións deberán chegar a portes pagos, perfectamente embaladas e acompañadas dunha relación do contido, de maneira que non ofrezan ningunha dúbida respecto do número de exemplares, de paquetes ou da identidade do remitente; de ser o caso, tamén virán acompañadas dunha relación do material polo que se realizará o troco. Admitiranse só os libros que estean en perfectas condicións para a súa venda posterior. A data tope de devolución ou cambio é o 15 de outubro.
Prezos
Os prezos dos produtos serán os que figuren en cada momento na ficha do produto. O prezo indicado para cada produto non inclúe o IVE nin os gastos de transporte.
A falta de pagamento dun xiro no seu vencemento obrigará o comprador ao aboamento dos gastos de devolución que se orixinen derivados do importe xirado e devolto. Aplicaranse, desde a devolución ata o seu pagamento efectivo, uns xuros de demora do 1,5% por mes ou fracción.
Lexislación e xurisdición
Os pedidos realizados a través deste portal web atópanse sometidos á lexislación española. No caso de litixio ou controversia xurdida deles, ambas as partes se someten á xurisdición dos tribunais da cidade de Pontevedra (España).
Versión
Estas condicións de contratación teñen data do 11/02/2014 e calquera modificación dos seus termos será publicada na páxina web.